Fai dez anos quedamos perplexos ante as imaxes dunha marea negra anunciada. Preguntabámonos por qué non se tomaran as decisións axeitadas pra evitar ese desastre. Máis de 30.000 persoas sentiron a suficiente rabia e indignación como pra non continuar no sofá. Fixeron a mochila e se presentaron en Galicia, Asturias ou Portugal para botar unha man no que fose. Outros, dende a súa cidade, organizaban esa solidariedade.
Hoxe queremos recordar esas experienzas, eses sentimentos e as peticións ós políticos que todos comentabamos na casa, no traballo, en clase ou no bar cos amigos. Porque os que tomaron a decisión de pasear o Prestige pola costa, os que non sentan no banquillo, os que continúan extraendo e transportando petróleo, seguen no Goberno. E non pediron desculpas. Enlace ó vídeo
Para que non esquezamos o Prestige, axúdanos a recordalo. Comparte as fotografías da túa experiencia como voluntario pra o Prestige. Dinos o que pensabas entón e o que pensas hoxe.
Entre tódalas vosas historias e fotografías algunhas serán seleccionadas pra ser publicadas na nosa web e na nosa revista. Ademáis, xuntaremos tódalas fotografías nunha galería.
Pra que todo o mundo se lembre, os que estabamos e os máis xóvenes. Pra que non esquezamos. Pra evitar outro Prestige.
¿Cómo podo enviar a miña foto do Prestige?
- Envía a info@greenpeace.es (co asunto Foto Prestige e unha foto de 600 px/pulgada)
- Tuitéaa co hagstag #10AñosPrestige e menciona a Greenpeace @greenpeace_esp
- Postea a túa foto no noso taboleiro de Facebook de Greenpeace
Con tódalas fotos faremos unha galería de imaxes e ademáis, a algúns vos pediremos que nos escrivades a vosa experiencia pra publicala no noso blogue e na nosa revista.
Isabel Rivera e Nadia González, equipo comunicación de Prestige.
- Post 15/10/2012: Prestige: ¿Qué hemos aprendido 10 años después?